Alameda de Ferrol
Xardín
Localización
Provincia: A CORUÑA | Comarca: FERROL | Concello: FERROL | Rúa: Rúa Irmandiños | C.P.: 15401
Acceso
Núcleo urbano.
Accesibilidade: Inmediacións:coche, autobús, peonil. Recurso: peonil.
Descrición
A alameda era a zona verde máis antiga de Ferrol. Paseo rectangular de 535 m de lonxitude, situado entre as rúas do Barrio de A Madalena e o Arsenal, comunicado co Barrio de Esteiro e Ferrol Vello por camiños bordeados de árbores. Plantáronse 210 chopos (o concello pagou 437 reais), moreiras en 1844, transplantadas en 1846 porque restaban visibilidade aos vixilantes do Arsenal. O seu tamaño reduciuse en 1858; actualmente son restos da Alameda dos Cantóns, a Alameda de Suances e a da rúa Irmandiños (feira de Ferrol). Bo lugar para pasear e gozar da tranquilidade
Parque Plaza Vella
Parque
Localización
Provincia: A CORUÑA | Comarca: FERROL | Concello: FERROL | Rúa: Espíritu Santo | C.P.: 15401
Acceso
Núcleo urbano.
Descrición
Parque urbano, no barrio máis antigo da cidade ("Ferrol Vello"), próximo ao porto, ao Cuartel de Instrución Militar, e á porta do Parque. Remodelado e adecuado para gozar da lectura, o paseo ou os máis pequenos, xogar nos xogos infantís.
Parque Municipal Raíña Sofía
Parque
Localización
Provincia: A CORUÑA | Comarca: FERROL | Concello: FERROL | Rúa: Pintor Corral | C.P.: 15401
Acceso
No núcleo urbano.
Descrición
Entre o Ferrol Vello e o barrio da Magdalena, que son os dous grandes referentes urbanísticos e turísticos da cidade, sitúase o parque Raíña Sofía, antigo "Horto dos Frades". De todos os espazos verdes atesourados por unha sólida tradición cidadá desde o deseño departamental da súa estrutura urbana, como os Cantóns de Molíns ou a Alameda, este parece ser o mellor adaptado á actualidade. Ten moito que ver nisto a súa clara orientación educativa sen perder asemade o aire de xardín histórico.
Durante o curso escolar é visita case obrigada dos centros de primaria da comarca. Porén, tanto para os máis cativos como para os maiores, o recinto denominado Xardín didáctico Aquaciencia ofrece un percorrido entre experimentos con e sobre a auga. Aprender camiñando como nas academias clásicas. O circuíto conta con vinte e un módulos e unha depuradora para tratar sobre o ciclo hidrolóxico e o uso razoable da auga. Desde unha clepsidra que recibe o visitante lembrándolle a posibilidade de medir o tempo da súa visita con este reloxo de auga, pasando por múltiples enxeños para o desprazamento ou bombeo do líquido como sifóns, noras, vasos comunicantes, bombas de xerro e peristáltica, parafuso de Arquímedes, cambón... Ata a explicación sobre a obtención de enerxía hidráulica con turbinas e muíños ou un dos de máis éxito: un simple transbordador propulsado manualmente por cordas.
O xardín está atendido por persoal que se ocupa tamén de resolver coas súas explicacións calquera dúbida. Asemade, no palacete que antigamente ocupaba a sede do parque de enxeñeiros do exército de terra que aquí existía, antes de pasar á propiedade municipal xa no ano 1939, converteuse tamén con fins educativos nunha Aula de Ecoloxía Urbana.
O Parque Raíña Sofía conserva outros elementos do pasado para o esparcemento. Cómpre destacarmos a pista de baile e o estanque cunha fonte Wallace comprada na exposición universal de París en 1889. Esta última, rodeada dos bustos de oito próceres vinculados por nacemento ou obras á cidade na época da Ilustración e no século XIX.
Verbo da cuberta vexetal das zonas de paseo salientan as árbores de gran tamaño como unha sequoia, un cedro do Atlas ou algunha palmeira howea do Pacífico, e recantos agradables como o cercado de laranxeiras.
SUPERFICIE: Xardín didáctico Aquaciencia, 0.5 ha.
HORARIO: Aquaciencia, martes a sábado, de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h.
Entrada libre.
SERVIZOS: Xardín didáctico Aquaciencia. Aula de Ecoloxía Urbana. Aves. Rótulos botánicos.
6.29.2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No Response to "ESPACIOS VERDES EN FERROL VELLO"
Publicar un comentario