10.19.2010

undefined
undefined

OFERTA CULTURAL EN FERROL

0
Ferrol, 19 de outubro de 2010.-

Música clásica coa Sinfonía Toronto e Marc Grauwels, a maxia de Martín Camiña, jazz a cargo de Roberto Somoza, ópera interpretada por Bengala Produccións ao abeiro do programa “Música en Familia”, teatro afeccionado con Salmonela Teatro, Rithm&Blues and Soul con M&N'S Band, a proxección “El imperio de los sentidos” ou a función teatral “Sen pecado concebida” da Compañía Mariclown. Estas son as propostas culturais organizadas polo Concello de Ferrol para esta semana e que se celebrarán nos diferentes contenedores culturais municipais: desde o Teatro Jofre á Capela do Centro Torrente Ballester, pasando polo Centro Cívico de Caranza. A estes súmanse a Asociación de Veciños O Lago, de Doniños, onde se desenvolverá a programación de Culticipando este sábado ou os Cines Dúplex, que acollerán novas proxeccións do programa “Outono de Cine”. Sen dúbida, tal e como destacou a edil Mercedes Carbajales, unha ampla e variada programación cultural adaptada a todos os gustos e públicos, con diferentes estilos e disciplinas artísticas entre as que poderán escoller os cidadáns e cidadás nesta semana, na que se teñen programadas un amplo número de actuacións e actividades -nalgunhas ocasións, máis de unha no día-. Estas son as seguintes:

MÉRCORES 20:
Concerto de música clásica da Sinfonía Toronto e Marc Grauwels, ás 20.30 horas no Teatro Jofre. As entradas pódense adquirir na web www.ferrol.es/jofre ou no PIC do teatro ferrolán ao prezo de 15, 12 e 7 euros.

Ciclo Outono de Cine. Ás 20.30 horas proxéctase nos Cines Dúplex, en Esteiro, a curtametraxe galega “Sumas, Restas” e a longametraxe “El imperio de los sentidos”. Entrada de balde.

XOVES 21: Ciclo Novas Noites. Na Capela do Torrente Ballester, ás 22.00 horas haberá unha actuación da formación de Rithm&Blues and Soul M&N'S Band. O prezo das entradas é de 5 euros.

VENRES 22: Ciclo O Jofre Máxico, con Martín Camiña e o espectáculo “Outra realidade”. Ás 20.30 horas no Teatro Jofre comenza este percorrido máxico a través da ciencia, da historia e do humor ideado no laboratorio deste ilusionista. Entradas ao prezo de 10 euros.

SÁBADO 23:
III Ciclo Out Jazz, con Roberto Somoza, que presentará no Teatro Jofre o proxecto discográfico “The Vanguard”. Ás 20.30 horas. As entradas están á venda ao prezo de 10 euros. O VENRES imparte unha Master Class ás 18 horas na que compartirá experiencias co público no Conservatorio Profesional Xan Viaño e ás 22.00 horas unha Jam Session na Capela do Torrente Ballester. Nestes casos a entrada é gratuita.

CULTICIPANDO: O proxecto de descentralización cultural financiado cos Orzamentos Participativos de 2009 chega este sábado ao local da Asociación de Veciños O Lago, de Doniños. Alí actuará ás 19.30 horas a compañía Mariclown, que porá en escea a obra teatral “...Sen pecado concebida”. Entrada de balde.

DOMINGO 24:
Ciclo Música en Familia. Bengala Produccións presenta no Teatro Jofre a ópera “Livietta e Tracollo”, na que se mixturan situacións típicas do teatro cómico e da Comedia dell'Arte. Comenzará ás 18.00 horas e o custe das entradas será de 2 e 5 euros.

Ciclo Domingos a Escena: No Centro Cívico de Caranza actúa a partir das 19.00 horas a compañía de teatro afeccionado Salmonela Teatro que escenificará a peza “Comisaría especial para mulleres”. Entrada de balde.

No Response to "OFERTA CULTURAL EN FERROL"

Publicar un comentario