As Festas de Ferrol 2010 arrancan co pregón do actor local Iago García e o concerto de El Sueño de Morfeo
• A cidade recupera a Praza de España como escenario privilexiado para a celebración das actuacións musicais
• O Concello invita a veciños e visitantes a disfrutar de 12 días de festa ininterrumpida con 24 artistas. Os concertos, gratis
Ferrol, 19 de agosto de 2010.-
O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, acompañará mañá ao actor local Iago García no pregón que ofrecerá aos ferroláns e ás ferrolás dende a Praza de España e co que arrancarán oficialmente as Festas de Verán 2010. Será a partires das 21,30 horas, aínda que previamente o alcalde recibirá ao pregoeiro no pazo municipal. Alí, a corporación saudará a Iago García e entregaralle un agasallo institucional como recordo da xornada: a fachada en bronce do consistorio. Alcalde e pregoeiro partirán entón cara a Praza de España. O pregón de Iago García, actor coñecido polas súas participacións en series como Matalobos, Amar en Tiempos Revueltos, Aída, Siete Vidas ou Memoria de España, será o preludio dunha das actuacións estelares. A que ofrecerá, ás 22 horas e no mesmo escenario, El Sueño de Morfeo.
Raquel del Rosario, Juan Luis Suárez e David Feito presentarán en Ferrol o seu último traballo discográfico, “Cosas que nos hacen sentir bien”, que inclúe temas como “Si no estás”, “Quién te crees” ou “Gente”. Un disco no que sen abandoar a fórmula de pop-rock introduce composicións máis elaboradas cheas de ritmos e acertadas melodías sen esquecer temas con pinceladas celtas como “Ven” ou “Me he cansado de esperar”.
Unha actuación de renome na primeira das doce xornadas de festas en Ferrol. Doce días con ata 24 artistas e agrupacións musicais diferentes. Entre eles, Los Suaves, La Guardia, El Viejo Caracol, Coque Malla ou Efecto Mariposa. Nesta liña, a concelleira de Festas, María López, subliñou que a programación deseñada polo Concello está pensada para todos os públicos, con actuacións gratuítas na súa totalidade e elaborada atendendo, por segundo ano consecutivo, ás suxestións formuladas polos cidadáns e cidadás.
Doutra banda, María López aproveitou a ocasión para lembrar que dende o mesmo venres o goberno local procederá á peatonalización temporal de varios tramos das rúas María e Magdalena para favorecer deste xeito a implicación e participación da cidadanía nas actividades programadas ao abeiro do cartel festivo e, por outra banda, dar resposta a unha demanda do sector da hostalería referente á colocación de terrazas nestas rúas do barrio da Magdalena. Ata o momento, presentáronse 16 solicitudes. Así pois, peatonalizaranse a rúa María (no tramo comprendido entre a rúa Terra e Méndez Núñez, á altura da praza de Amboaxe), e a rúa Magdalena, entre Rubalcava e Méndez Núñez, tamén á altura de Amboaxe. A medida, que estará vixente durante os festexos, será durante as 24 horas seguindo deste xeito as recomendacións da Policía Local, polo que o tráfico rodado quedará restrinxido nestes tramos, se ben se posibilitará o acceso aos vehículos con garaxe nestas rúas e permitirase a carga e descarga.
Así mesmo, e para paliar a reducción de prazas de aparcamento (arredor de 150), o goberno local anunciou que os parkings do Mercado da Magdalena serán gratuítos. Neste senso, o que ten a entrada próxima á concatedral de San Xiao permanecerá aberto ata as 22.00 horas todos os días, mentres que o próximo á Praza do Carbón abrirá as 24 horas do día. Non só iso, o goberno local destacou que a cidadanía que se vexa afectada por esta peatonalización branda poderá tamén facer uso, como alternativa, da explanada do Cuartel Sánchez Aguilera, así como dos parkings da Praza da Constitución.
O PROGRAMA:
Venres, 20 de agosto 21,30 h. Praza de España. Pregón a cargo de Iago García
22 h. Praza de España.
El Sueño de Morfeo
Sábado, 21 de agosto 20 h. Praza de Sevilla.
Espectáculo de maxia
21 h. Pasarrúas con lume
22 h. Praza de España.
La Excepción
Domingo, 22 de agosto 18 h. Praza de Armas
Festa infantil
22 h. Praza de España
Nova Galega de Danza
Luns, 23 de agosto 20 h. Praza de Amboaxe
Home orquestra
20 h. Praza de España
Festival de Hip Hop
Martes, 24 de agosto 20 h. Praza de Armas
Espectáculo musical
21 h Pasarrúas A invasión pirata
22 h. Praza de España
D´Nash
Mércores, 25 de agosto 20 h. Praza de España
Maxia cómica
22 h. Praza de España
Orquestra Jerusalén
Xoves, 26 de agosto 20 h. Praza de Amboaxe
Contacontos
20 h. Praza de España
Oddyline e My Self
22 h. Praza de España
Los Suaves
Venres, 27 de agosto 20 h. Praza da Constitución
Paiasos
21 h. Pasarrúas Calaveras
22 h. Praza de España
El Viejo Caracol
Sábado, 28 de agosto 20 h. Praza de Amboaxe
Monicreques
22 h. Praza de España
Coque Malla
Domingo, 29 de agosto 20 h. Praza de Armas
Clown-malabar
20,30 h. Praza de España
Festival de Rondallas
Luns, 30 de agosto 20 h. Praza de Amboaxe
Al Vila
21 h. Praza de Amboaxe
Santiago Castillo Club
Martes, 31 de agosto 21 h. Peirao de Ferrol
Efecto Mariposa
La Guardia
Lucía Pérez
M3
00,00 h. Fogos de artificio
8.20.2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No Response to "FESTAS DE FERROL"
Publicar un comentario