Ferrol pon a disposición da cidadanía unha pantalla xigante para seguir en tempo real o Ferrolterra Doniños-Pantín Classic
• O alcalde, Vicente Irisarri, destaca as repercusións do campionato no sector hoteleiro e da restauración da comarca e anima aos ferroláns a seguir a competición
• O Concello xestionou a instalación da pantalla na praza de Amboaxe, con custe cero para as arcas municipais
O alcalde, Vicente Irisarri, anunciou esta mañá a instalación dunha pantalla xigante na praza de Amboaxe dende a que se retransmitirá, en tempo real, o Ferrolterra Doniños-Pantín Classic, o segundo campeonato de surf máis lonxevo en toda Europa, tan só por detrás do que se celebra anualmente en Burdeos. O alcalde comparecía ante os medios co concelleiro e presidente do Patronato Municipal de Deportes, Manuel Santiago; co responsable da organización da competición, Marcos Rodríguez, e co director técnico da proba, Clyde Martin. Na mesma, Vicente Irisarri destacou as positivas repercusións do Ferrolterra Doniños-Pantín Classic para o sector servicios da comarca, por canto congrega cada ano a miles de seguidores do surf. De feito, Marcos Rodríguez apuntou que todos os aloxamentos entre Valdoviño e Ferrol estaban ao 100% de ocupación e que dende a organización estaban a ter problemas neste senso. Respecto á pantalla, o alcalde destacou as xestións realizadas dende o Patronato polo concelleiro Manuel Santiago, xa que logrou a instalación da pantalla na praza de Amboaxe con custe cero para as arcas municipais e grazas á colaboración económica de Caixanova.
Así, veciños e visitantes que o desexen poderán seguir en tempo real a competición dende este emblemático espazo público da cidade grazas a unha pantalla xigante de tecnoloxía LED e transportable de 3,82 metros por 2,60 metros de alto sobre unha plataforma móbil de 3,10 metros. A mesma pantalla que retransmitiu a participación do triatleta local Javier Gómez Noya nos Xogos Olímpicos. Estará ubicada dende o 23 ao 29 de agosto, e con emisións coincidentes coas probas, dende as 10 horas. Neste senso, Marcos Rodríguez lembrou que, aínda que en Ferrol será unha novidade, noutros países como Australia ou Portugal a instalación de pantallas é unha práctica que vai parella á propia celebración da proba. Neste senso, Vicente Irisarri apuntou que o obxetivo para vindeiros anos será ubicar pantallas noutras cidades como Compostela ou Coruña, de cara a multiplicar a proxección desta comarca como destino preferente dos amantes do deporte e, especialmente, do surf.
Pero, ¿que ofrecerá este ano o Ferrolterra Doniños-Pantín Classic? Vicente Irisarri destacou dous aspectos fundamentais desta edición. Dunha banda, o regreso das mulleres e a presenza da élite feminina na competición e, doutra banda, a consecución da sexta estrela. Son dous fitos que marcan a competición. Precisamente, co salto cualitativo que se establece coa sexta estrela a organización internacional esixe que, nesa categoría, haiba unha segunda praia alternativa que, neste caso, é Doniños. O obxetivo, segundo Clyde Martin, é trasladar o campeonato un día ao areal de Ferrol, que ben podería ser mércores ou xoves.
Doutra banda, o director técnico destacou a alta participación rexistrada, namentras que Vicente Irisarri puxo como exemplo da calidade do torneo a presenza dalgúns dos surfistas máis relevantes do panorama internacional como Stuart Kennedy, Heitor Alves, Julian Wilson ou o galego Gony Zubizarreta. Por último, animou á cidadanía a participar nesta cita que, ano tras ano, convirte a Ferrolterra en capital do surf. Dende a praia ou ben dende a praza de Amboaxe
8.20.2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No Response to "PANTIN CLASSIC (FERROL)"
Publicar un comentario