12.09.2010

TARJETA LA ABUNDANCIA DEL SUR

0

MENÚ DEL DIA

0

10.19.2010

BAR-RESTAURANTE LA ABUNDANCIA DEL SUR

0

OFERTA CULTURAL EN FERROL

0
Ferrol, 19 de outubro de 2010.-

Música clásica coa Sinfonía Toronto e Marc Grauwels, a maxia de Martín Camiña, jazz a cargo de Roberto Somoza, ópera interpretada por Bengala Produccións ao abeiro do programa “Música en Familia”, teatro afeccionado con Salmonela Teatro, Rithm&Blues and Soul con M&N'S Band, a proxección “El imperio de los sentidos” ou a función teatral “Sen pecado concebida” da Compañía Mariclown. Estas son as propostas culturais organizadas polo Concello de Ferrol para esta semana e que se celebrarán nos diferentes contenedores culturais municipais: desde o Teatro Jofre á Capela do Centro Torrente Ballester, pasando polo Centro Cívico de Caranza. A estes súmanse a Asociación de Veciños O Lago, de Doniños, onde se desenvolverá a programación de Culticipando este sábado ou os Cines Dúplex, que acollerán novas proxeccións do programa “Outono de Cine”. Sen dúbida, tal e como destacou a edil Mercedes Carbajales, unha ampla e variada programación cultural adaptada a todos os gustos e públicos, con diferentes estilos e disciplinas artísticas entre as que poderán escoller os cidadáns e cidadás nesta semana, na que se teñen programadas un amplo número de actuacións e actividades -nalgunhas ocasións, máis de unha no día-. Estas son as seguintes:

MÉRCORES 20:
Concerto de música clásica da Sinfonía Toronto e Marc Grauwels, ás 20.30 horas no Teatro Jofre. As entradas pódense adquirir na web www.ferrol.es/jofre ou no PIC do teatro ferrolán ao prezo de 15, 12 e 7 euros.

Ciclo Outono de Cine. Ás 20.30 horas proxéctase nos Cines Dúplex, en Esteiro, a curtametraxe galega “Sumas, Restas” e a longametraxe “El imperio de los sentidos”. Entrada de balde.

XOVES 21: Ciclo Novas Noites. Na Capela do Torrente Ballester, ás 22.00 horas haberá unha actuación da formación de Rithm&Blues and Soul M&N'S Band. O prezo das entradas é de 5 euros.

VENRES 22: Ciclo O Jofre Máxico, con Martín Camiña e o espectáculo “Outra realidade”. Ás 20.30 horas no Teatro Jofre comenza este percorrido máxico a través da ciencia, da historia e do humor ideado no laboratorio deste ilusionista. Entradas ao prezo de 10 euros.

SÁBADO 23:
III Ciclo Out Jazz, con Roberto Somoza, que presentará no Teatro Jofre o proxecto discográfico “The Vanguard”. Ás 20.30 horas. As entradas están á venda ao prezo de 10 euros. O VENRES imparte unha Master Class ás 18 horas na que compartirá experiencias co público no Conservatorio Profesional Xan Viaño e ás 22.00 horas unha Jam Session na Capela do Torrente Ballester. Nestes casos a entrada é gratuita.

CULTICIPANDO: O proxecto de descentralización cultural financiado cos Orzamentos Participativos de 2009 chega este sábado ao local da Asociación de Veciños O Lago, de Doniños. Alí actuará ás 19.30 horas a compañía Mariclown, que porá en escea a obra teatral “...Sen pecado concebida”. Entrada de balde.

DOMINGO 24:
Ciclo Música en Familia. Bengala Produccións presenta no Teatro Jofre a ópera “Livietta e Tracollo”, na que se mixturan situacións típicas do teatro cómico e da Comedia dell'Arte. Comenzará ás 18.00 horas e o custe das entradas será de 2 e 5 euros.

Ciclo Domingos a Escena: No Centro Cívico de Caranza actúa a partir das 19.00 horas a compañía de teatro afeccionado Salmonela Teatro que escenificará a peza “Comisaría especial para mulleres”. Entrada de balde.

8.25.2010

COCINA TRADICIONAL GALLEGA

0

SERVIZO DE REPARTO DE LIBROS A DOMICILIO

0
O Concello activa un servizo de reparto de libros a domicilio destinado ás persoas dependentes
• O único requisito para adherirse ao programa pasa por solicitar o carné de socio da Biblioteca Municipal
• Voluntarios do programa Queres que che lea? serán os encargados de entregar os materiais solicitados ó usuario

Ferrol, 25 de agosto de 2010.-

A concelleira de Benestar Social e Solidariedade, María López, e de Cultura e Educación, Mercedes Carbajales, presentaron esta mañá un novo servizo municipal de reparto de libros a domicilio destinado a persoas dependentes. Un servizo que nace da estreita colaboración entre a Oficina Municipal de Voluntariado e a Biblioteca Central de Ferrol. O obxetivo é facilitar o acceso aos libros, revistas, CDs de música ou DVDs de cine, entroutros, a aquelas persoas con dificultades para saír do seu domicilio ao estar nunha situación de dependencia.

Máis polo miúdo, Mercedes Carbajales explicaba que se trata de facilitar o servizo de préstamo asistencial a domicilio que leva a cabo a Biblioteca Municipal ás persoas residentes en Ferrol que teñan graves dificultades de mobilidade, ben porque presentan un grao importante de minusvalía, ben porque padecen algunha enfermidade que lles impide ou dificulta a saída do propio domicilio, circunstancias estas que deberán de acreditar documentalmente.

Así as cousas, María López sinalaba que aqueles cidadáns ou cidadás interesadas en participar nesta iniciativa deberán de solicitar o carné da Biblioteca, que se lle enviará a través do cooperante voluntario. Asemade, e respeto do servizo de préstamo, explicaba que tal e como establece a normativa xeral se poden solicitar ata un máximo de nove unidades de documentos repartidos do seguinte xeito: tres libros, tres audiovisuais e tres revistas. Tódalas peticións se atenderán dentro do horario de apertura da propia Biblioteca. Esto é, de luns a venres, de nove da mañá a dúas da tarde e de cinco da tarde a nove da noite, mentres que o reparto será tamén de luns a venres dependendo da disponibilidade dos voluntarios. E, ao fío, apuntou que serán estes os encargados de levar persoalmente ao domicilio das persoas adheridas a este servizo os materiais sempre e cando estes residan no núcleo urbano de Ferrol. No caso contrario, a entrega se realizará a través do envío por correo.

Neste contexto, a concelleira de Cultura explicou que as peticións de material poden realizarse cubrindo o formulario que se atopa na páxina web www.ferrol.es/biblioteca, no apartado denominado “Servizos en liña”, ou enviando un correo electrónico ao enderezo biblioteca@ferrol.es. Tamén chamando ao número de teléfono 981 944 182 ou ben solicitándolle os títulos directamente ao voluntario que o visite.

Por último, a concelleira de Cultura subliñaba que con este tipo de programas, o Concello non só contribúe a mellorar a calidade de vida das persoas dependentes, senón que achega os recursos da Biblioteca Municipal a un maior número de cidadáns.

Na mesma liña, María López lembrou a recente posta en marcha doutro programa coa mesma filosofía e tamén froito da colaboración entre Oficina Municipal de Voluntariado e Biblioteca Central e demáis puntos de préstamo da cidade: o programa ¿Queres que che lea?: a lectura chega a ti. Un proxecto pioneiro para promover e facilitar o acceso á lectura e á cultura a aqueles sectores da poboación con mobilidade reducida, temporal o permanente, así como a aquelas persoas que presentan carencias de apoios sociais que lle impiden o achegamento aos libros e á lectura que doutro xeito probablemente non o terían. ¿Como funciona o programa? Tras coñecer aos posibles usuarios e demandas, a Oficina Municipal de Voluntariado realiza unha selección dos libros ou revistas que lles poden interesar. A función do voluntariado é acudir aos domicilios ou a outros lugares de encontro e realizar o préstamo dos libros, revistas, prensa, cedés e demais material solicitado polos usuarios e, tamén, acompañar na lectura dos libros ao usuario. Á vez informan sobre todo tipo de actividades que se están ofertando nas diversas asociacións do municipio nese momento, como poden ser cursos, obradoiros, excursións, etc.

Todos os que desexen participar no mesmo e respondan ao perfil ao que está destinado este proxecto poden contactar coa Oficina de Voluntariado do Concello, ubicada na rúa Velázquez, número 44, 5ª planta, ou chamar ao número de teléfono 981 944 284. Tamén é posible contactar co servizo a través da dirección de correo electrónico solidariedade@ferrol.es.

PONTEN PIE INVITA AO PÚBLICO FERROLÁN A COMER

0
A compañía de novo cabaré Ponten pie invita ao público ferrolán a comer ao restaurante Copacabana

• As representacións pechan o ciclo O Jofre fóra de si e terán lugar no teatro ferrolán venres e sábado ás 21 horas

• A edil Mercedes Carbajales invita á cidadanía a reservar a entrada, que é de balde, no Punto de Información Cultural

Ferrol, 25 de agosto de 2010.-

A compañía de novo cabaré Ponten Pie será a encargada de pechar este venres e sábado o programa O Jofre fóra de si, un ambicioso proxecto que incluiu propostas artísticas non convencionais de danza, música e teatro que convertiron a cidade nunha extensión do teatro ferrolán, en cuxas rúas e prazas buscaron ao público para facelo partícipe dos seus proxectos. Nesta ocasión o espectáculo que a cidadanía poderá ver leva por título “Copacabana” e representarase ás 21.00 horas na caixa escénica do Teatro Jofre este venres e sábado, 27 e 28 de agosto.

A este respecto, a edil Mercedes Carbajales explicou que, se ben a entrada ao espectáculo é gratuíta, é necesario facer a reserva no Punto de Información Cultural do Teatro (PIC) a través do número de teléfono 981 944 245. O seu horario de atención ao público é de martes a venres, de 11.00 a 13.00 e de 18.00 a 20.00 horas. Tamén os sábados, domingos e festivos de función.

Fundada no ano 2009 por Sergi Ots, Ponten Pie é unha compañía que naceu como plataforma para este artista catalán, para poder actuar baixo esta denominación e pór en marcha proxectos propios relacionados coas artes escénicas. Tamén co obxectivo de poder traballar nun espazo persoal autónomo no que crear diferentes equipos técnicos e artísticos segundo as necesidades de cada proxecto. Co que presentará esta semana en Ferrol, “Copacabana”, Sergi Ots inicia unha nova etapa como director. Nel fusiona dentro dun mesmo espazo a gastronomía, o cabaré e o teatro de obxectos. A escenografía de “Copacabana” instálase como un restaurante real onde os comensais e espectadores poderán probar os deliciosos pratos que serán preparados polos actores. Así, un dos interrogantes cos que xoga a posta en escea é se o espectador é recibido como un cliente dun restaurante ou como espectador dunha obra teatral. Detrás dos fogóns do Copacabana atoparanse tres cociñeiros descendentes dun chef do recoñecido circo Bimil que recentemente pechou as súas portas, polo que os tres gourmets, con poucos recursos económicos, deciden voltar a Europa para abrir un restaurante nun vello local ás aforas da cidade coa esperanza de facer fortuna.

A traxectoria profesional de Sergi Ots deu comenzo no Gran Teatro do Liceo como especialista en circo no ano 2000 e tras esta primeira toma de contacto co mundo do teatro profesional pasou traballar como actor con Xirriquiteula, La Companya del Foc, L'Avalot Teatre e Carro de Baco, entre outras. Entre os seus últimos traballos destaca a colaboración como actor con Els Comediants desde o ano 2004. Tamén a súa participación como clown con Cirque Du Soleil, con quen percorreu Xapón e Australia no ano 2008 co espectáculo Dralion.

LOS SUAVES EN FERROL

0
As Festas de Verán de Ferrol traen mañá o mellor rock do panorama nacional da man de Los Suaves

• A banda ourensá liderada por Yosi Domínguez ofrecerá un concerto gratuíto a partir das 22 horas na Praza de España

• Os grupos locais Oddy Lane e Mayself actuarán como teloneiros da mítica banda galega a partires das 21 horas

• A Orquestra Jerusalén presenta esta noite na praza de Amboaxe os temas da súa última xira, “Caminando”


Ferrol, 25 de agosto de 2010.-

A mítica banda ourensá de rock Los Suaves será MAÑÁ, XOVES, a estrela do cartel das Festas de Ferrol. Así o anunciou esta mañá a concelleira de Festas, María López, quen invitou aos cidadáns e cidadás a asistir ao concerto que que a formación fundada a finais dos anos 70 polos irmáns Charly e Yosi Domínguez ofrecerá na Praza de España, ás 22.00 horas. Un concerto que, ao igual que o resto dos programados nestas festas de verán, será gratuíto. Por outra banda, lembrou que HOXE, ás 22.00 horas, a praza de Amboaxe acollerá a actuación musical da Orquestra Jerusalén, que presentará a súa nova xira: Caminando. Tamén está programado o espectáculo de maxia cómica Rei Midas, ás 20.00 horas na Praza de España.

Respecto ao concerto de Los Suaves, a edil lembrou a súa traxectoria, iniciada hai 30 anos. Durante este tempo a banda foi gañando popularidade ata convertirse nun indiscutible referente do rock feito en España. Con 18 discos gravados ata a data -dous deles en directo- e con máis dun millón de discos vendidos ao longo da súa carreira, Los Suaves están considerados como historia viva do rock. A súa primeira oportunidade tivérona no ano 1981, cando telonearon a Los Ramones en A Coruña, acadando un importante éxito que lles levou a asinar coa discográfica galega Edigal, coa que editaron os seus dous primeiros discos: “Esta vida me va a matar”, con cancións como “Peligrosa María” ou “Viene el tren” e “Frankenstein” (1984). A partir de aí pasaron épocas difíciles ata chegar ao terceiro disco que os lanzou ao éxito: “Ese día piensa en mí” (1988), co que a banda comenza a ser recoñecida a nivel nacional, feito que se plasmou no disco en directo “Suave es la noche” (1989). Desde entón, Los Suaves publicaron numerosos discos editándose o último o 26 de xaneiro de 2010, “Adiós, adiós”. Con este novo disco queren deixar claro que estas palabras son un berro de benvida e supoñen a confirmación do grupo como un dos que se atopan en mellor forma dentro do panorama do rock nacional. Entre os seus plans máis inmediatos figura a gravación, o vindeiro 18 de setembro en Ourense, dun DVD en directo que prevé titular “29 años, 9 meses y 1 día”.

Los Suaves foron premiados pola prensa especializada como a mellor banda en directo do país en numerosas ocasións. Entre os premios acadados, Mellor banda de heavy en directo no ano 2000 pola revista Heavy Rock, Mellor grupo en directo do século XX ou Referendo Heavy Rock 1999.

Pero a actuación desta banda de rock non será a única prevista para mañá, xoves, na Praza de España. Así, tal e como lembrou a concelleira María López, ás 20.00 horas haberá unha actuación musical gratuíta dos grupos locais Oddy Lane e Myself. O primeiro deles, Oddy Lane, naceu en Ferrol no ano 2008 e está integrado por Xisela (voces), Javi (baixo), Nacho (guitarra), Brais (guitarra) e Álex (batería). Con influencias de rock moderno e metal, a formación gravou a súa primeira maqueta en novembro de 2009 con cinco temas -nun deles, “I'm so alone”, colaborou Yvan, cantante dos grupos Idem e Myself-.

O segundo dos grupos, Myself, iniciou a súa andaina musical no ano 2001. Está integrado actualmente por seis músicos de Ferrol e Narón e ten gravado con Gonso Pedrido (Boikot, Killer Barbies, Machetazo, Dismal, Brainswash) o disco “Extended Play”, pendente de publicarse e á espera de atopar discográfica.

Finalmente, o programa deste xoves completarase co contacontos “Codia e Miolo”, que presentará na praza de Amboaxe Troula Animación. Será ás 20.00 horas.


O PROGRAMA:

Mércores, 25 de agosto 20 h. Praza de España
Maxia cómica
22 h. Praza de Amboaxe
Orquestra Jerusalén
Xoves, 26 de agosto 20 h. Praza de Amboaxe
Contacontos
20 h. Praza de España
Oddyline e My Self
22 h. Praza de España
Los Suaves
Venres, 27 de agosto 20 h. Praza da Constitución
Paiasos
21 h. Pasarrúas Calaveras
22 h. Praza de España
El Viejo Caracol
Sábado, 28 de agosto 20 h. Praza de Amboaxe
Monicreques
22 h. Praza de España
Coque Malla
Domingo, 29 de agosto 20 h. Praza de Armas
Clown-malabar
20,30 h. Praza de España
Festival de Rondallas
Luns, 30 de agosto 20 h. Praza de Amboaxe
Al Vila
21 h. Praza de Amboaxe
Santiago Castillo Club
Martes, 31 de agosto 21 h. Peirao de Ferrol
Efecto Mariposa
La Guardia
Lucía Pérez
M3
00,00 h. Fogos de artificio

MARCHA CICLISTA A FERROLTERRA

0
O Patronato de Deportes patrocina este sábado a XIII Marcha Ciclista a Ferrolterra
• O edil Manuel Santiago anima á cidadanía a participar nesta cita que partirá do pavillón da Malata ás tres da tarde
• O presidente do Clube Ciclista, Juan Martínez, avanza que os 120 quilómetros de ruta son de dificultade media-alta


Ferrol, 25 de agosto de 2010.-

O concelleiro de Deportes, Manuel Santiago, acompañado do presidente do Club Ciclista Ferrol, Juan Martínez, presentaba esta mañá no Salón de Recepcións do Concello de Ferrol a XIII Marcha Ciclista a Ferrolterra. Unha proba que patrocina o Patronato de Deportes e que se desenvolverá na xornada do sábado 28 de agosto con saída do pavillón polideportivo da Malata ás 15 horas.

Así as cousas, Manuel Santiago animaba á cidadanía a participar nesta cita na que poden participar tódolos deportistas maiores de 15 anos. O edil subliñaba a dureza do percorrido e tamén a beleza dunha proba que discurre pola maior parte dos teritorios da comarca de Ferrolterra e tamén de Ortigueira. Un atractivo máis, engadiu o concelleiro, para subirse á bicicleta esta fin de semana e coñecer esta parte do territorio dende outra perspectiva.

Pola súa banda, o presidente da entidade promotora, Juan Martínez Rey, explicou que se trata dunha marcha esixente, de dificultade media-alta e dirixida principalmente a ciclistas federados. Nembargantes, apuntou que é aberta polo que aqueles aficionados á bicicleta que non estean federados e teñan unha boa forma física poden apuntarse.

A organización solicitará unha licenza á federación para poder disputar a proba. O único requisto ademáis de cumprimentar a folla de inscrición e aboar o seu importe (13 euros para os federados e 21 euros para os non federados) é acudir provisto de casco e bici. Respeto do recorrido, Martínez avanzou que logo de saír da Malata, o pelotón tocará nove concellos (amáis de Ferrol, Narón, Valdoviño, San Sadurniño, Moeche, Cerdido, Cariño, Ortigueira e Cedeira). En total, 120 kilómetros, tras os que os participantes regresarán ao punto de arranque. Polo camiño, haberá un avituallamento: no Mirador Alto dos Carrís. Asemade, a organización disporá dun vehículo de apertura da marcha, un coche de asistencia e unha ambulancia.

Así as cousas, Martínez Rey prevé que se cubran as 75 prazas previstas pola organización, con corredores tanto de toda a Comunidade Galega coma de fóra dela. Ao remate, previsto para as 20.30 horas, se entregarán recordos a todos os participantes, así como agasallos ao ciclista máis novo, ao máis veterano, ao clube máis numeroso, ao corredor máis sufridor, á desgracia, ou ao máis simpático, entre outros. Nesta liña, recordou que as inscricións poden realizarse enviando o boletín de inscrición ao apartado de correos 1044 -15406 de Ferrol; por Internet, a través da páxina www.clubciclistaferrol.es; no número de fax 981 327 662 e 981 448 439 ou en Ciclos Roca, firma colaboradora. Tamén o mesmo día da proba no lugar da saída.

FERROLTERRA DONIÑOS-PANTÍN CLASSIC

0
Os ferroláns xa poden seguir en directo dende a pantalla xigante instalada na Praza de Amboaxe o Ferrolterra Doniños-Pantín Classic
• O Concello xestionou a instalación da pantalla xigante na cidade, con custe cero para as arcas municipais
• As retransmisións comezan hoxe e manteránse ata o próximo domingo, todos os días de 9 a 19 horas



Os ferroláns xa poden seguir dende hoxe a retransmisión en directo do Ferrolterra Doniños-Pantín Classic dende a propia cidade. Máis concretamente, dende a Praza de Amboaxe. O concelleiro e presidente do Patronato Municipal de Deportes, Manuel Santiago, apuntou que as emisións son posibles grazas a un pantalla xigante cuxa instalación xestionou o Concello, aínda que con custe cero para as arcas municipais grazas á colaboración económica de Caixanova.

Así, veciños e visitantes que o desexen poden seguir en tempo real a competición dende este emblemático espazo público da cidade grazas a unha pantalla xigante de tecnoloxía LED e transportable de 3,82 metros por 2,60 metros de alto sobre unha plataforma móbil de 3,10 metros. A mesma pantalla que retransmitiu a participación do triatleta local Javier Gómez Noya nos Xogos Olímpicos. Estará ubicada dende hoxe e ata o 29 de agosto, e con emisións coincidentes coas probas. ¿Horarios? De 9 a 19 horas, todos os días. Neste senso, Manuel Santiago apuntou que aínda que en Ferrol será unha novidade, noutros países como Australia ou Portugal a instalación de pantallas é unha práctica que vai parella á propia celebración da proba.

Pero, ¿que ofrecerá este ano o Ferrolterra Doniños-Pantín Classic? Dous aspectos fundamentais. Dunha banda, o regreso das mulleres e a presenza da élite feminina na competición e, doutra banda, a consecución da sexta estrela. Son dous fitos que marcan a competición. Precisamente, co salto cualitativo que se establece coa sexta estrela a organización internacional esixe que, nesa categoría, haiba unha segunda praia alternativa que, neste caso, é Doniños. O obxetivo tamén é trasladar o campeonato un día ao areal de Ferrol, que ben podería ser mércores ou xoves.

¿Exemplo da calidade do campeonato? Os seus participantes. Entre outros, algúns dos surfistas máis relevantes do panorama internacional como Stuart Kennedy, Heitor Alves, Julian Wilson ou o galego Gony Zubizarreta. Por último, o concelleiro de Deportes animou á cidadanía a participar nesta cita que, ano tras ano, convirte a Ferrolterra en capital do surf. Dende a praia ou ben dende a praza de Amboaxe.

MAISDE CEN PEREGRINOS DE GRANADA INICIARON O CAMIÑO INGLÉS

0
Máis de cen peregrinos de Granada iniciaron o Camiño Inglés dende Ferrol.


• O alcalde deulles a benvida á cidade e entregoulles un libro e un DVD cun documental sobre a historia da urbe
• Todos eles emularon aos antigos peregrinos do Norte de Europa e chegaron á cidade de Ferrol en barco



O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, recibiu a unha expedición formada por 105 peregrinos chegados de Granada para realizar, dende a cidade, o Camiño Inglés. O acto tivo lugar ás 13,30 horas e tivo como sede o Salón de Recepcións do pazo municipal. Os 105 peregrinos partiron da provincia andaluza o domingo, ás cinco da mañá, coa idea de chegar a Ferrol hoxe a primeira hora e emular aos antigos peregrinos do Norte de Europa, que entraban por mar na cidade de Ferrol. Así o fixeron, tras un paseo en barco pola Ría, que precedeu a súa visita ao pazo municipal. O alcalde saudou á expedición e deulles a benvida, ao tempo que lles agradeceu a súa presenza na cidade. Exaltou o Camiño Inglés, con punto de partida en Ferrol, e deu conta da riqueza patrimonial, natural e histórica da cidade. Riqueza que o alcalde asegurou se convertirá en Patrimonio da Humanidade. Unha candidatura que, segundo explicou, se sustenta en tres pilares fundamentais como son o barrio histórico da Magdalena, o Arsenal Militar e os Castelos de San Felipe e A Palma. Esa é, engadiu Vicente Irisarri, a riqueza que Ferrol quere mostrar ao mundo e que os peregrinos de Granada poderán apreciar hoxe.

No acto desta mañá e como recordo da xornada, o alcalde entregou aos peregrinos seis libros de A nosa pintura e seis DVD coa historia de Ferrol. Un por cada unha das parroquias que conforman a Alpujarra, terra de procedencia dos peregrinos. Pola súa banda, a expedición entregou ao alcalde un prato de cerámica representativo da zona.

A expedición de 105 peregrinos contou co técnico David Monteagudo como guía, co que visitarán os principais puntos de interese na cidade. Esta visita ten un carácter cultural-relixioso e, para preto da metade dos peregrinos, supón o segundo contacto con Ferrol, xa que o ano pasado chegaban á cidade para realizar o mesmo Camiño Inglés. A experiencia foi gratificante e, esta vez, regresaban aínda que acompañados doutros compañeiros. Todos eles proceden de diferentes parroquias da Alpujarra granadina e, nalgúns casos, existen estreitos vínculos coa terra galega, xa que moitos cidadáns galegos emigraron no seu día para esta zona andaluza.

O Camiño Inglés é unha das rutas xacobeas por excelencia. Foi usado basicamente polos peregrinos nórdicos. A lonxanía e illamento dos peregrinos británicos, escandinavos e bretóns, lévaos a empregar as rutas marítimas como forma máis sinxela, segura e rápida de realizar a peregrinación a Santiago. Con punto de partida en Ferrol, discurre polos concellos de Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, Bruma, Mesía, Ordes, Oroso e Santiago.

8.23.2010

LA ABUNDANCIA DEL SUR

0

8.20.2010

PANTIN CLASSIC (FERROL)

0
Ferrol pon a disposición da cidadanía unha pantalla xigante para seguir en tempo real o Ferrolterra Doniños-Pantín Classic
• O alcalde, Vicente Irisarri, destaca as repercusións do campionato no sector hoteleiro e da restauración da comarca e anima aos ferroláns a seguir a competición
• O Concello xestionou a instalación da pantalla na praza de Amboaxe, con custe cero para as arcas municipais



O alcalde, Vicente Irisarri, anunciou esta mañá a instalación dunha pantalla xigante na praza de Amboaxe dende a que se retransmitirá, en tempo real, o Ferrolterra Doniños-Pantín Classic, o segundo campeonato de surf máis lonxevo en toda Europa, tan só por detrás do que se celebra anualmente en Burdeos. O alcalde comparecía ante os medios co concelleiro e presidente do Patronato Municipal de Deportes, Manuel Santiago; co responsable da organización da competición, Marcos Rodríguez, e co director técnico da proba, Clyde Martin. Na mesma, Vicente Irisarri destacou as positivas repercusións do Ferrolterra Doniños-Pantín Classic para o sector servicios da comarca, por canto congrega cada ano a miles de seguidores do surf. De feito, Marcos Rodríguez apuntou que todos os aloxamentos entre Valdoviño e Ferrol estaban ao 100% de ocupación e que dende a organización estaban a ter problemas neste senso. Respecto á pantalla, o alcalde destacou as xestións realizadas dende o Patronato polo concelleiro Manuel Santiago, xa que logrou a instalación da pantalla na praza de Amboaxe con custe cero para as arcas municipais e grazas á colaboración económica de Caixanova.

Así, veciños e visitantes que o desexen poderán seguir en tempo real a competición dende este emblemático espazo público da cidade grazas a unha pantalla xigante de tecnoloxía LED e transportable de 3,82 metros por 2,60 metros de alto sobre unha plataforma móbil de 3,10 metros. A mesma pantalla que retransmitiu a participación do triatleta local Javier Gómez Noya nos Xogos Olímpicos. Estará ubicada dende o 23 ao 29 de agosto, e con emisións coincidentes coas probas, dende as 10 horas. Neste senso, Marcos Rodríguez lembrou que, aínda que en Ferrol será unha novidade, noutros países como Australia ou Portugal a instalación de pantallas é unha práctica que vai parella á propia celebración da proba. Neste senso, Vicente Irisarri apuntou que o obxetivo para vindeiros anos será ubicar pantallas noutras cidades como Compostela ou Coruña, de cara a multiplicar a proxección desta comarca como destino preferente dos amantes do deporte e, especialmente, do surf.

Pero, ¿que ofrecerá este ano o Ferrolterra Doniños-Pantín Classic? Vicente Irisarri destacou dous aspectos fundamentais desta edición. Dunha banda, o regreso das mulleres e a presenza da élite feminina na competición e, doutra banda, a consecución da sexta estrela. Son dous fitos que marcan a competición. Precisamente, co salto cualitativo que se establece coa sexta estrela a organización internacional esixe que, nesa categoría, haiba unha segunda praia alternativa que, neste caso, é Doniños. O obxetivo, segundo Clyde Martin, é trasladar o campeonato un día ao areal de Ferrol, que ben podería ser mércores ou xoves.

Doutra banda, o director técnico destacou a alta participación rexistrada, namentras que Vicente Irisarri puxo como exemplo da calidade do torneo a presenza dalgúns dos surfistas máis relevantes do panorama internacional como Stuart Kennedy, Heitor Alves, Julian Wilson ou o galego Gony Zubizarreta. Por último, animou á cidadanía a participar nesta cita que, ano tras ano, convirte a Ferrolterra en capital do surf. Dende a praia ou ben dende a praza de Amboaxe

FESTAS DE FERROL

0
As Festas de Ferrol 2010 arrancan co pregón do actor local Iago García e o concerto de El Sueño de Morfeo
• A cidade recupera a Praza de España como escenario privilexiado para a celebración das actuacións musicais
• O Concello invita a veciños e visitantes a disfrutar de 12 días de festa ininterrumpida con 24 artistas. Os concertos, gratis


Ferrol, 19 de agosto de 2010.-

O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, acompañará mañá ao actor local Iago García no pregón que ofrecerá aos ferroláns e ás ferrolás dende a Praza de España e co que arrancarán oficialmente as Festas de Verán 2010. Será a partires das 21,30 horas, aínda que previamente o alcalde recibirá ao pregoeiro no pazo municipal. Alí, a corporación saudará a Iago García e entregaralle un agasallo institucional como recordo da xornada: a fachada en bronce do consistorio. Alcalde e pregoeiro partirán entón cara a Praza de España. O pregón de Iago García, actor coñecido polas súas participacións en series como Matalobos, Amar en Tiempos Revueltos, Aída, Siete Vidas ou Memoria de España, será o preludio dunha das actuacións estelares. A que ofrecerá, ás 22 horas e no mesmo escenario, El Sueño de Morfeo.

Raquel del Rosario, Juan Luis Suárez e David Feito presentarán en Ferrol o seu último traballo discográfico, “Cosas que nos hacen sentir bien”, que inclúe temas como “Si no estás”, “Quién te crees” ou “Gente”. Un disco no que sen abandoar a fórmula de pop-rock introduce composicións máis elaboradas cheas de ritmos e acertadas melodías sen esquecer temas con pinceladas celtas como “Ven” ou “Me he cansado de esperar”.

Unha actuación de renome na primeira das doce xornadas de festas en Ferrol. Doce días con ata 24 artistas e agrupacións musicais diferentes. Entre eles, Los Suaves, La Guardia, El Viejo Caracol, Coque Malla ou Efecto Mariposa. Nesta liña, a concelleira de Festas, María López, subliñou que a programación deseñada polo Concello está pensada para todos os públicos, con actuacións gratuítas na súa totalidade e elaborada atendendo, por segundo ano consecutivo, ás suxestións formuladas polos cidadáns e cidadás.

Doutra banda, María López aproveitou a ocasión para lembrar que dende o mesmo venres o goberno local procederá á peatonalización temporal de varios tramos das rúas María e Magdalena para favorecer deste xeito a implicación e participación da cidadanía nas actividades programadas ao abeiro do cartel festivo e, por outra banda, dar resposta a unha demanda do sector da hostalería referente á colocación de terrazas nestas rúas do barrio da Magdalena. Ata o momento, presentáronse 16 solicitudes. Así pois, peatonalizaranse a rúa María (no tramo comprendido entre a rúa Terra e Méndez Núñez, á altura da praza de Amboaxe), e a rúa Magdalena, entre Rubalcava e Méndez Núñez, tamén á altura de Amboaxe. A medida, que estará vixente durante os festexos, será durante as 24 horas seguindo deste xeito as recomendacións da Policía Local, polo que o tráfico rodado quedará restrinxido nestes tramos, se ben se posibilitará o acceso aos vehículos con garaxe nestas rúas e permitirase a carga e descarga.

Así mesmo, e para paliar a reducción de prazas de aparcamento (arredor de 150), o goberno local anunciou que os parkings do Mercado da Magdalena serán gratuítos. Neste senso, o que ten a entrada próxima á concatedral de San Xiao permanecerá aberto ata as 22.00 horas todos os días, mentres que o próximo á Praza do Carbón abrirá as 24 horas do día. Non só iso, o goberno local destacou que a cidadanía que se vexa afectada por esta peatonalización branda poderá tamén facer uso, como alternativa, da explanada do Cuartel Sánchez Aguilera, así como dos parkings da Praza da Constitución.


O PROGRAMA:

Venres, 20 de agosto 21,30 h. Praza de España. Pregón a cargo de Iago García
22 h. Praza de España.
El Sueño de Morfeo
Sábado, 21 de agosto 20 h. Praza de Sevilla.
Espectáculo de maxia
21 h. Pasarrúas con lume
22 h. Praza de España.
La Excepción
Domingo, 22 de agosto 18 h. Praza de Armas
Festa infantil
22 h. Praza de España
Nova Galega de Danza
Luns, 23 de agosto 20 h. Praza de Amboaxe
Home orquestra
20 h. Praza de España
Festival de Hip Hop
Martes, 24 de agosto 20 h. Praza de Armas
Espectáculo musical
21 h Pasarrúas A invasión pirata
22 h. Praza de España
D´Nash
Mércores, 25 de agosto 20 h. Praza de España
Maxia cómica
22 h. Praza de España
Orquestra Jerusalén
Xoves, 26 de agosto 20 h. Praza de Amboaxe
Contacontos
20 h. Praza de España
Oddyline e My Self
22 h. Praza de España
Los Suaves
Venres, 27 de agosto 20 h. Praza da Constitución
Paiasos
21 h. Pasarrúas Calaveras
22 h. Praza de España
El Viejo Caracol
Sábado, 28 de agosto 20 h. Praza de Amboaxe
Monicreques
22 h. Praza de España
Coque Malla
Domingo, 29 de agosto 20 h. Praza de Armas
Clown-malabar
20,30 h. Praza de España
Festival de Rondallas
Luns, 30 de agosto 20 h. Praza de Amboaxe
Al Vila
21 h. Praza de Amboaxe
Santiago Castillo Club
Martes, 31 de agosto 21 h. Peirao de Ferrol
Efecto Mariposa
La Guardia
Lucía Pérez
M3
00,00 h. Fogos de artificio

8.18.2010

LA ABUNDANCIA DEL SUR

0

GASTRONOMIA FERROL-ORTEGAL

0
Gastronomía
Reunidas nestas dúas comarcas temos todas as características que dan fama desde o punto de vista gastronómico a toda Galicia: materias primas de calidade e excelente cociña. Nesta zona, adquiren especial relevancia os percebes dunha costa esgrevia e fértil, a saborosísima ameixa das Pías, as centolas das Rías Altas e peixes de primerísima calidade, como o sargo, a robaliza ou a dourada. Da terra, as hortalizas, entre as cales salientamos o pemento do Couto ou os grelos de Cerdido, e as carnes, como a afamada tenreira da Capelada, criada en semi-liberdade. En defintiva, e éste o territorio ideal para degustar unha mostra da cociña do máis alto nivel, tanto en restaurantes e marisquerías como nas pequenas tabernas ou mesóns típicos. Ademais, a hostalería da zona ten un recoñecido prestixio pola importancia dada ao viño como un elemento de gran relevancia no gozo dos exquisitos pratos que farán as delicias dos padais máis esixentes.

OS NOSOS PRODUTOS
Galicia é a terra de bo comer, de produtos de gran calidade e elaborada cociña, e Ferrol - Ortegal non podía ser unha excepción. Nesta zona do norte atopamos todos os produtos gastronómicos que dan fama a Galicia, carnes, peixes e mariscos excelentes, pero ademais é unha enorme despensa de exquisiteces culinarias propias que satisfán os padais máis esixentes. Estes son os principais produtos gastronómicos que só atopará no noso territorio.

MARISCOS
Salientamos os berberechos, as minchas e as ameixas (fina, babosa e rubia) das nosas rías, entre elas a ´´ameixa das Pías´´, de gran valor culinario, a coquina de Valdoviño. É indiscutible tamén o especial sabor dos nosos centolos, capturados cunha arte de fondo, o miño, asi como as vieiras e as ostras.

PERCEBES
É un molusco que se pega ás rochas en augas moi batidas e forma colonias moi numerosas. A costa abrupta de Ferrol-Ortegal e o seu mar bravo son o sitio ideal onde degustalo.

PEMENTOS DO COUTO (D.O.)
Pequenos pementos de sabor doce moi aprezados na comarca. Imprescindibles en calquera tapeo. (Non pican debido a ausencia de capsicina). A zona de produccion coincide coa de acondicionamento e envasado, estando constituída pola totalidade da comarca coruñesa de Ferrol, integrada polos seguintes municipios: Ferrol, Narón, Valdoviño, Cedeira, Moeche, As Somozas, San Sadurniño, Neda, Fene, Mugardos e Ares. O nome da denominación, ´´O Couto´´, é un nome xeográfico que se corresponde co lugar onde se localiza o mosteiro coñecido popularmente por ese mesmo nome, ao que se vencella o comezo da selección e cultivo destes pementos.

O POLBO Á MUGARDESA
Producto do mar de Ferrol- Ortegal cociñado ao estilo deste concello, facendo unha especie de guiso.

PAN DE NEDA
Pan de gran fama no territorio Ferrol- Ortegal, elaborado polas panaderías de Neda e que conta cun sabor especial, grazas á súa excepcional materia prime e ás augas do río Belelle.

TENREIRA DA CAPELADA
O mérito desta carne reside en que procede de gando criado a base de pasto e leite, sen ningún tipo de penso ou hormonas.

GRELO DE CERDIDO
Grelo cultivado neste concello, dun exquisito padal, que axuda a promocionalo cunha feira gastronómica.

MEL DE SAN SADURNIÑO E MOECHE
Mel recollida nestes concellos, nun hábitat de bosques de carballos, castiñeiros, breixo, silveiras, kiwis e flores silvestres.

QUEIXO DE MOECHE
Diversas variedades de queixo galego elaborado neste concello. Salienta o queixo de tetilla (D.O.P.), e está elaborado con leite procedente de gando de raza frisona, pardo alpina e rubia galega, alimenta exclusivamente con pastos galegos.

CONSERVAS DE CARIÑO
No concello de Cariño, o destino Ferrol- Ortegal conta con varias conserveiras, algunhas artesanais, cuxos productos, de extrema calidade, é indispensable consumir na visita ao territorio.
Conservas La Pureza: conservas de peixe elaboradas artesanalmente: bonito, atún, peixe agulla, sardiñas, bacallau, congro, polbo...
Conservas Amieiro: conservas vexetais elaboradas artesanalmente. Teñen marmeladas de varios sabores, entre os que destacan a marmelada de amoras silvestres, a de kiwi, ou de mazá con noces. Tamén comercilizan conservas vexetais, feixóns, grelos ou salsa de tomate.
Conservas Modesto Carrodeguas: as conservas de esta empresa son o resultado dunha longa tradición familiar de conserveiros que iniciaron a súa andaina no sector en Espasante (Ortigueira) no año 1902. Conservas de diversos productos: agullas, atún, xurelos, cabala, berberechos, sardiñas...
Conservas A'Xefa: consevas de cabala, sardiñas, atún e chicharro, entre outras, son fabricadas nesta pequena conserveira.

BICOS DE FERROL
Pasteis típicos da celebración de " As Pepitas" onde as rondallas cantan ás mulleres ferrolás a véspera de San Xosé, elaborados pola Escola de hostalaría de Pontedeume. Os Bicos teñen forma de corazón e están confeccionados cun biscoito de cacao, recheo con crema de laranza, con cobertura de chocolate negro, decorado con chocolate branco e unha peroliña de azucre.

PASTELÓN DE CEDEIRA
É a empanada típica de Cedeira, moi follada e xa sexa de carne, peixe ou marisco está realmente exquisita.

UN MAR DE SABORES EN EL PUERTO DE FERROL

0

PANTÍN CLASSIC 2010

0
En la rueda de prensa celebrada en el Concello de Ferrol se señalaron las claves de un evento que mejora con el tiempo. Según Marcos Rodríguez, de la Organización del Pantín Classic, "no damos a basto con la cantidad de gente que viene; hay overbooking en la mayoría de hoteles de la comarca debido a la cantidad de personas que mueve el Pantín".


En realidad este año se han superado varios récords. El número de participantes es el mayor de la historia del campeonato, alrededor de 220. Además, como bien apuntó el Alcalde de Ferrol Vicente Irisarri, "hay dos cuestiones fundamentales en la edición de 2010. Primero, ha vuelto el campeonato de las chicas y, segundo, hemos conseguido la ansiada sexta estrella". Es la primera vez que el Pantín alcanza la categoría 6****** y, como pueden imaginar, se espera un campeonato excepcional.

El mítico surfista sudafricano afincando en Ferrol, Clyde Martin, que lleva 20 años trabajando para el Pantín no quiso perderse la reunión. Clyde resaltaba la importancia de que el evento se pueda seguir en vivo por Internet. Y es que este año, aquellos que no puedan asistir a la playa, podrán seguir el Pantín Classic a través de su página web gracias a la infraestructura tecnológica que proporciona Movistar.

Irisarri recalcó además el impulso turístico que conlleva el evento. El alcalde de Ferrol habló de ese turismo de naturaleza que fomenta el Pantín Classic, un turismo sano en un entorno excepcional.

Muchos se preguntan si alguna de las mangas del campeonato tendrán tendrá lugar en Doniños. El campeonato se celebrará como siempre en Pantín. "Si las condiciones del mar no son buenas en Pantín, y son estupendas en Doniños, no veo porqué no pueden correrse algunas mangas en el arenal ferrolano", dijo el Alcalde de Ferrol. "En cuanto a la pregunta que me hacen muchos, ¿dónde se celebra este año el evento?, yo siempre contesto lo mismo: ¿de qué color es el caballo blanco de Santiago?; pues la respuesta es y será: Pantín", añadió Irisarri.

8.10.2010

LA ABUNDANCIA DEL SUR

0

8.06.2010

FEIRA MEDIEVAL EN FERROL VELLO

0
LA ABUNDANCIA DEL SUR

ESTE SABADO Y ESTE DOMINGO
COMIDAS Y CENAS

MENU ESPECIAL FEIRA MEDIEVAL
FERROL VELLO 2010